Chegou o momento de por punto é final a esta iniciativa educativa que se deu en chamar "Os Nove do Foxo". Unha iniciativa, un blog, co que tentei achegar a escola as familias e as familias a escola. cos meus erros e acertos agardo que todo fora do voso interés. Unha vez máis agardecer a todos e todas os que cos vosos comentarios e visitas fixestes que este blog estivera vivo e grazas as familias por toda a axuda prestada no cole de O Foxo, foi un pracer compartir momentos inesquecibles cos Nove do Foxo. Sempre estarán presentes no meu corazón. Aprendín moito deles, agardo que eles aprenderan un pouquiño de min.
Non quero despedirme, e creo que non debo, sen facer unha última reflexión que agardo saibades comprender:
Unha reflexión que abarca a defensa da nosa escola, a escola de todos, a escola pública. Hai moitos compañeiros e compañeiras que viron como os seus blogs foron pechados por facer mención a defensa da escola pública, a de todos. Eu hoxe quero berrar ben alto e ben claro que sempre crin, creo e crerei na única educación libre e igualitaria que existe, que ofrece igualdade de oportunidades: a educación pública.
A día de hoxe eu xa non son mestre pertencente a Consellería de Educación da Xunta de Galicia (e a saber que pasará para o ano) De xeito unilateral, a Consellería decidíu, e comunicou hai dous días, que non nos farían o que por lei nos correspondería: o contrato de verán (por ter traballado máis de cinco meses e medio), polo que este verán non vamos a cobrar nin un peso. Pouco lles importa os miles de quilómetros que facemos ao longo do ano, o que hoxe esteamos en A Guarda e mañá en A Estrada ou que as veces os gastos leven gran parte do noso soldo. Eso non lles importa. Hoxe pola mañá, en Santiago, estiven cos meus compañeiros e compañeiras reclamando o nosos dereito a ese contrato de verán. E defendendo a escola pública, xa que esto non é máis que unha nova degradación dos que nela traballamos e a ela defendemos, e atacr aos profesionais da escola pública e atacala a ela.
Agora máis que nunca é preciso unha verdadeira unión entre todos os que amamos e defendemos a escola pública, non deixando manipularnos polas palabras de menosprezo que van dirixidas aos profesionais que nela traballan. Na escola pública estiveron, están e estarán os mellores porfesionais da educación. Diso non cabe dúbida!
O desánimo destes días fai que revise o blog, as fotos nos diferentes coles, os traballos, as vivenzas...e me sinta orgulloso, satisfeito, emocionado... co meu traballo. Eso ninguén mo pode roubar. O traballo realizado cos nenos de A Guarda, A Cañiza, Crecente, Moledo e O Foxo, neste curso 2011-2012, eso non mo poderán quitar, e os recordos de cada sitio e de cada neno e nena son imborrables. Seguro que tiven erros, pero seguro que tiven acertos, e o máis seguro: todo o que fixen foi pondo o mellor de min cada día, cada momento, en cada cole, con cada neno...se non o fixen mellor sería porque non sei, non porque non puxera todo o que teño para facelo o mellor posible.
Como dixen, descoñezo se para o curso que ven terei oportunidade de desenvolver a miña profesión(temo o peor), pero o que si sei é que a miña voz seguirá clamando e defendendo a escola que é:
para os baixos, para os altos, para os flacos, para os menos flacos, para os listos, para os menos listos, para os rápidos, para os lentos, para os trastes, para os tranquilos, para os cariñosos, para os que non o son, para os guapos, para os menos guapos, para os loiros, para os morenos, para os pelirroxos, para os de pel branca, para os de pel negra, para os de pel amarela....
PARA TODOS E PARA TODAS!!
ESCOLA PÚBLICA!!
A ESCOLA DE TODOS E TODAS!!
Agora é labor de todos que siga sendo así!
Moitas grazas por ler esta reflexión.
Saúdos.
Germán Tizón
Os nove do Foxo
Ola a tod@s e benvid@s a este blog no que queremos ensinarvos algunhas das cousas que facemos na nosa clase de 4 anos do CEIP O Foxo de A Estrada. Agardamos que vos guste e que nos deixedes algún comentario para poder ler!! Grazas!!(Aroa, Jessica, Cibrán, Iván, Irene, Hugo, Loli, Sara e Martín)
Os nosos contos
As nosas cousiñas
Etiquetas
- A Lúa Catalina (2)
- A que sabe a Lúa? (9)
- As abellas e o mel (12)
- Cocorico (7)
- Falamos de min (9)
- Proxecto a ra (5)
- Rutinas (2)
- Vermes de seda (7)
Algúns dos nosos videos….
viernes, 29 de junio de 2012
Visita recomendada para este verán
Está mañá estiven coa familia no MUPEGA (museo pedagóxico de Galicia) Había tempo que non o visitaba e unha vez máis volveume entusiasmar. Cos seus tesouros por todos lados, as súas clases da República, do Franquismo... alí recreadas. En fin, coma sempre me encantou, polo que se non sabedes que facer este verán e como A Estrada queda pretiño de Santiago anímovos a ir aló de excursión!!
http://www.edu.xunta.es/mupega/
http://www.edu.xunta.es/mupega/
Por fin !!
Aquí tedes a penúltima entrada deste blog. Os nosos vermes de seda por fin son bolboretas!! Nas fotos podedes ver diferentes momentos e se prestades atención hai unhas cousiñas pequerrechiñas de cor amarelo, eses son os oviños que en función de se están fecundados ou non, irán quedaran nesa cor (non fecundados) ou mudarán a negros. Pois esta e a fin da transformación dos vermes pequerrechiños que tivemos ata chegar a ser bolboretas. Unha experiencia educativa moi moi interesante.
sábado, 23 de junio de 2012
Agardando polas bolboretas
Como sabedes na clase tivemos vermes de seda. Como todavía están no proceso de metamorfose non hai fotos novas que mostrar. En canto saian as bolboretas subo as fotos para que as vexades, que terá que ser nestes días.
viernes, 22 de junio de 2012
Cibrán tivo sorte!!
No sorteo de agasallos que fixo a ANPA ao finalizar o festival de fin de curso Cibrán foi un dos agraciados e tocoulle ese gran paquete!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)