Os nosos contos

As nosas cousiñas

Algúns dos nosos videos….


viernes, 29 de junio de 2012

A derradeira entrada

Chegou o momento de por punto é final a esta iniciativa educativa que se deu en chamar "Os Nove do Foxo". Unha iniciativa, un blog, co que tentei achegar a escola as familias e as familias a escola. cos meus erros e acertos agardo que todo fora do voso interés. Unha vez máis agardecer a todos e todas os que cos vosos comentarios e visitas fixestes que este blog estivera vivo e grazas as familias por toda a axuda prestada no cole de O Foxo, foi un pracer compartir momentos inesquecibles cos Nove do Foxo. Sempre estarán presentes no meu corazón. Aprendín moito deles, agardo que eles aprenderan un pouquiño de min.

Non quero despedirme, e creo que non debo, sen facer unha última reflexión que agardo saibades comprender:

Unha reflexión que abarca a defensa da nosa escola, a escola de todos, a escola pública. Hai moitos compañeiros e compañeiras que viron como os seus blogs foron pechados por facer mención a defensa da escola pública, a de todos. Eu hoxe quero berrar ben alto e ben claro que sempre crin, creo e crerei na única educación libre e igualitaria que existe, que ofrece igualdade de oportunidades: a educación pública.
A día de hoxe eu xa non son mestre pertencente a Consellería de Educación da Xunta de Galicia (e a saber que pasará para o ano) De xeito unilateral, a Consellería decidíu, e comunicou hai dous días, que non nos farían o que por lei nos correspondería: o contrato de verán (por ter traballado máis de cinco meses e medio), polo que este verán non vamos a cobrar nin un peso. Pouco lles importa os miles de quilómetros que facemos ao longo do ano, o que hoxe esteamos en A Guarda e mañá en A Estrada ou que as veces os gastos leven gran parte do noso soldo. Eso non lles importa. Hoxe pola mañá, en Santiago, estiven cos meus compañeiros e compañeiras reclamando o nosos dereito a ese contrato de verán. E defendendo a escola pública, xa que esto non é máis que unha nova degradación dos que nela traballamos e a ela defendemos, e atacr aos profesionais da escola pública e atacala a ela.
Agora máis que nunca é preciso unha verdadeira unión entre todos os que amamos e defendemos a escola pública, non deixando manipularnos polas palabras de menosprezo que van dirixidas aos profesionais que nela traballan. Na escola pública estiveron, están e estarán os mellores porfesionais da educación. Diso non cabe dúbida!
O desánimo destes días fai que revise o blog, as fotos nos diferentes coles, os traballos, as vivenzas...e me sinta orgulloso, satisfeito, emocionado... co meu traballo. Eso ninguén mo pode roubar. O traballo realizado cos nenos de A Guarda, A Cañiza, Crecente, Moledo e O Foxo, neste curso 2011-2012, eso non mo poderán quitar, e os recordos de cada sitio e de cada neno e nena son imborrables. Seguro que tiven erros, pero seguro que tiven acertos, e o máis seguro: todo o que fixen foi pondo o mellor de min cada día, cada momento, en cada cole, con cada neno...se non o fixen mellor sería porque non sei, non porque non puxera todo o que teño para facelo o mellor posible.
Como dixen, descoñezo se para o curso que ven terei oportunidade de desenvolver a miña profesión(temo o peor), pero o que si sei é que a miña voz seguirá clamando e defendendo a escola que é:
para os baixos, para os altos, para os flacos, para os menos flacos, para os listos, para os menos listos, para os rápidos, para os lentos, para os trastes, para os tranquilos, para os cariñosos, para os que non o son, para os guapos, para os menos guapos, para os loiros, para os morenos, para os pelirroxos, para os de pel branca, para os de pel negra, para os de pel amarela....
PARA TODOS E PARA TODAS!!
ESCOLA PÚBLICA!!
A ESCOLA DE TODOS E TODAS!!
Agora é labor de todos que siga sendo así!

Moitas grazas por ler esta reflexión.
Saúdos.
Germán Tizón




Visita recomendada para este verán

Está mañá estiven coa familia no MUPEGA (museo pedagóxico de Galicia) Había tempo que non o visitaba e unha vez máis volveume entusiasmar. Cos seus tesouros por todos lados, as súas clases da República, do Franquismo... alí recreadas. En fin, coma sempre me encantou, polo que se non sabedes que facer este verán e como A Estrada queda pretiño de Santiago anímovos a ir aló de excursión!!

http://www.edu.xunta.es/mupega/

Por fin !!






Aquí tedes a penúltima entrada deste blog. Os nosos vermes de seda por fin son bolboretas!! Nas fotos podedes ver diferentes momentos e se prestades atención hai unhas cousiñas pequerrechiñas de cor amarelo, eses son os oviños que en función de se están fecundados ou non, irán quedaran nesa cor (non fecundados) ou mudarán a negros. Pois esta e a fin da transformación dos vermes pequerrechiños que tivemos ata chegar a ser bolboretas. Unha experiencia educativa moi moi interesante.

sábado, 23 de junio de 2012

Agardando polas bolboretas

Como sabedes na clase tivemos vermes de seda. Como todavía están no proceso de metamorfose non hai fotos novas que mostrar. En canto saian as bolboretas subo as fotos para que as vexades, que terá que ser nestes días.

Eu son un artista!!


viernes, 22 de junio de 2012

Cibrán tivo sorte!!


No sorteo de agasallos que fixo a ANPA ao finalizar o festival de fin de curso Cibrán foi un dos agraciados e tocoulle ese gran paquete!

Preparados para actuar


Aquí están preparadiños para ir cara o salón de actos e facer a súa actuación.

A foto de despedida


Esta foi a foto de despedida que fixemos e como se soe dicir: " Unha imaxe vale máis que mil palabras"

Ata sempre !!


Unha das últimas entradas deste blog é unha pequena homenaxe do profe a Os Nove do Foxo, por todo o traballo ben feito.

Orla de Os Nove do Foxo


Coa chegada do fin do cole, Os Nove do Foxo levaron como recordo unha orla na que están todos!
Como anécdota reseñar que me emocionou moitísimo que un dos nenos cando víu a orla dixo que o profe non estaba e el quería que estivera...como digo encheume de emoción...pero se aparecía o profe Germán debería aparecer a profe Carmen, a profe Rocío, o profe Xosé, a profe Lurdes e a profe Mercedes, e xa seriamos moitos! Ademais esta orla era para guapos e guapas, polo que algún non poderiamos sair...!!

jueves, 21 de junio de 2012

Manoele de Felisa no cole!

Como sabedes, hai uns días tivemos a sorte de ter no noso cole ao cantautor de Cuntis Manoele de Felisa. Agarimounos os oídos co mellor da súa música. Aquí tedes dous exemplos: o primeiro é un poema do meu compañeiro docente e poeta de A Estrada Xosé Luna. O segundo e de Rosalía Morlán, natural de Trazo. Agardo que o desfrutedes xa que os Nove do Foxo si que o fan!!

miércoles, 20 de junio de 2012

Facendo candeas










Aquí estamos atarefados facendo candeas con panais de cera. Arder non sabemos se arderán pero cheiran de ben....

Recibimos a visita de Manoele de Felisa






O día 19 de xuño recibimos no Ceip do Foxo a visita do cantautor de Cuntis Manoele de Felisa, que nos agarimou os oídos coa súa bonita música. Aos Nove do Foxo encantounos a súa música, por iso ao día seguinte quixemos volver a escoitalo e o profe tivo que pornos a gravación que fixera durante a actuación e que dentro de pouco neste blog poderedes ter un trociño. Mentras tanto, paciencia...
Como vedes nas fotos ademais de ofrecernos a súa música e, como fai cada persoeiro que visita o noso cole,  plantou unha árbore, un arce, que quedará de recordo do seu paso polo cole e que veredes o bonito que vai ser!

sábado, 16 de junio de 2012

Marmelada de tomate

Aquí deixo a receita que me mandou a cociñeira Elena Fernández, que estivo con nós o día da Comida Saudable, para que a poidades facer na casa:

Marmelada de tomate
Ingredientes:
1 kg de tomates maduros
250 grs de azucre moreno
200 grs de azucre normal
Zume de medio limón.

Elaboración:

-Escaldar os tomates en auga fervendo durante uns segundos.
-Escurri-los e pélalos.
- Córtalos en trozos grandes.
-Colocarlos nunha tarteira e cubrirlos cos azucres e co zume do limón.
-Deixar a tarteira na nevera durante unhas horas(entre 6 e 12).
-Poñer a ferver a lume baixo durante 1 hora aproximadamente removendo(xa vemos a consistencia, as veces é preciso deixarlo máis tempo).
-Trituramos e podemos envasala marmelada nun frasco para que nos dure máis tempo ou gardala na nevera.

Importante;A mellor época par elaborala é no verán cos tomates ben maduriños e con todas as súas características organolépticas a punto e  tamén pola relación calidade prezo!!

jueves, 14 de junio de 2012

Irene trouxo...


unha foto dunha colmea que ten o seu veciño, e que ela pode ver dende a súa casa, e agora xa a podemos ver todos no blog!

miércoles, 13 de junio de 2012

Chegaron as abellas!!





Debe ser de tanto que cheira a nosa clase a mel que apareceu un escuadrón de abellas dispostas a recoller caldeiros con tan saboroso doce!! (fixádevos que primeiro pintamos as abellas, logo as recortamos e por último, coma se fose un puzzle, repartimos as pezas e así cada un tiña catro pezas diferentes pintadas por un compañeiro ou compañeira. A pegar e listo! Quedaron moi orixinais!!)

Flores de polen







Despois de escribir e pintar as flores pegámoslles polen de verdade!! Aínda vai aparecer algunha abella pola clase a querer coller algún!

Traballando coas palabras