Os nosos contos

As nosas cousiñas

Algúns dos nosos videos….


viernes, 25 de mayo de 2012

E crecen...



Eses tractores....




que nos volven tolos!!! como os da ITV montaron a inspección de tractores no campo que está ao lado do cole, e como non paraban de pasar tractores pola estrada e nós a miralos pola fiestra....pois alá que fumos! Eses tractores.....

Crecen...



Falamos de...Hugo





A última visita que tivemos para pechar esta actividade foi a de Merchi, a mamá de Hugo. contounos moitas cousas e puidemos ver a Hugo de pequeno. Díxonos que para facer rabear a súa irmá Noa, Hugo quítalle o chupete!! Moitas grazas a mami de Hugo por pasar un rato con nós!

Falamos de ... Loli





Dentro da actividade "Falamos de min", tamén tivemos a visitda de Beti, a mami de Loli. vimos fotoso moi divertidas de Loli (nunha estaba subida a un poni!!) e fotos de cando era pequerrechiña (como lle creceu o pelo!!) A mamá de loli leunos uns contos sobre a primavera, os nenos.... e ademias tivemos a sorte de que nos agasallou cunhas larpeiradas!!Moitas grazas a mamá de Loli por pasar un rato na nosa clase !!

martes, 22 de mayo de 2012

Falamos de...Iván








Aínda que os papis de Iván non puideron vir a nosa clase, si que fixeron na casa o cartel coas fotos de Iván de pequeno. Explicounos todas e cada unha das fotos Iván, e o fixo moi ben! chamounos moito a atención un tractor (que raro!) de cor azul que aparecía nunha das fotos. vimos fotos das súas primeiras vacacións e dos seus primeiros agasallos de Reis. Moitas grazas aos papis de Iván por axudarlle a facer o cartel e que todos o puideramos ver na clase!

Os nosos cágados xa son ras !



Ahí os tedes. Os nosos cágados xa se convertiron en ras, pequeniñas claro! Como na clase xa non as podiamos ter, xa que esta pequechas comen insectos pequerrechos, o profe soltounas no mesmo estanque onde os collera cando eran cágados. Aquí quedan as fotos destas cousiñas! Parece mentira como cambian dende cágados a ras!

Falamos de... Martín






Unha tarde visitounos a mamá de Martín, Mónica. díxonos que a Martín lle gustaba moito darlle mazás as ovellas do seu veciño Pepe, e que elas iban sempre a xunto el para ver se tiña mazás. Vimos fotos de Martín subido nun tractor, na piscina e subido a unha árbore!!. A verdade que o tema dos tractores na visita de Mónica levantou moita expectación, sobre todo cando nos leu o libro " el tractor azul está muy ocupado". Buff!! como nos gustan os tractores!! (as nenas un pouco menos). Moitas grazas mami de Martín por pasar unha tarde con nós, e moitas grazas polas chcuches!!

Falamos de...Aroa






Tamén nos visitou Verónica, a mami de Aroa. Interesounos moito unha casiña de bolas coa que xogaba Aroa cando era un pouco mási pequena, e moitas cousas máis que nos contou a súa mami. coma sempre foi xenial ter a unha mami na nosa clase! Moitas grazas por estar un rato con nós mamá de Aroa !! e grazas polas chuches!

Falamos de...Irene






Aquí están as fotos de cando estivo na nosa clase a mamá de Irene que tamén se chama...Irene. contounos moitas cousas, e agora sabemos que a irene lle gusta moito cociñar!! uuuuummmm!!! a ver se un día nos trae un dos biscoitos que fai! Tamén víu onda nós Antía, a irmá de Irene, a quen lle preguntamos moitas cousas, sobre todo queriamos saber como se portaba Irene de pequena. E para rematar estivemos vendo un libro sobre contrarios. Moitas grazas mamá de Irene e Antía por pasar un rato na nosa clase! Ah! moitas grazas tamén polas chuches!

jueves, 10 de mayo de 2012

O país das letras



Esta foto é de hai algún tempo, pero esqueceramos pola no blog. É o noso país das Letras, enviado pola propia autora Aurora Usero, a quen lle enviamos despois un video de agradecemento e lle cantamos o cumpleanos feliz a distancia no seu cumple!


Falamos de...Cibrán





O mércores 9 de maio estiveron na clase o papi e a mami de Cibrán. Fixeron unha presentación moi orixinal das fotos. Unha especie de taboleiro de cartón con caxonciños que se abrían e dentro dos cales había fotos. contáronnos que a Cibrán lle gustaba moitísimo o cole, e que incluso na fin de semana quería ir a clase! Que teñen uns cans que acolleron xa que estaban abandoados na estrada e moitas cousas máis, por exemplo que cibrán cando era pequeno choraba un pouquiño, pero que sempre foi moi bo. O conto que nos leron foi "Paco trolas" e coma nos portamos tan ben nos regalaron un chupa e unhas moedas de chocolate a a cada un!! que ricos!! Moitas grazas papis de Cibrán por pasar unha tarde na nosa clase!

Falamos de... Jéssica




O martes 8 de maio visitounos a nai de Jessica. Coma sempre estabamos moi contentos de recibir visita. Contounos moitas cousas de Jessica, entre elas que polas mañás é un pouco durmiñona!! Iso fíxenos moita graza!! Tamén sabemos que Jessica vai ter unha irmá que se chamará Irene, bueno isto xa o sabemos dende hai tempo xa que Jesi está moi ilusionada e non fai máis que repetilo. Vimos fotos de Jesi no zoo, na piscina e mesmo apañando cereixas coa súa avoa.acabounos lendo o conto "Blanquita". Moitas grazas a mamá de jesi por pasar este rato na nosa clase, sobre todo con esa barrigocha tan linda que ten!

Falamos de... Sara





O luns 7 de maio comezamos coa actividade "Falamos de min". Nela as familias veñen a clase a falarnos dun compañeiro ou compañeira. Os primeiros foron os familiares de Sara. Como parte da actividade na casa fixeron un libro xigante. Cada páxina era unha cartulina na que aparecían diferentes fotos de distintos momentos da vida de Sara. A mami, e os irmáns de Sara explicáronnos cada foto. Así soubemos que o nome de Sara significa princesa. E despois fixemoslles algunhas preguntas. Descubrimos que a Sara gústalle a cebola...pero gústalle comela coma se fose unha mazá!!!Pasámolo moi ben!! moitas grazas a familia de Sara!!

Crecendo!


´Tivemos algunhas baixas, pero os que temos van medrando moi rápido.