Os nosos contos

As nosas cousiñas

Algúns dos nosos videos….


sábado, 31 de marzo de 2012

Probando a Lúa













Teatro lueiro


Aquí está a "obra de teatro" que fixemos na clase co conto "A que sabe a Lúa?". Tal e como sucedeu con "Cocorico" o obxectivo cumpríuse con creces. Pasar un bo rato e tomar contacto dunha maneira lúdica coa estupenda arte dramática. E coma non: os actores excepcionais!!Quen sabe se algún día levarán un premio María Casares de teatro.....

viernes, 30 de marzo de 2012

Rematamos coa Lúa

 

 Aínda que queda algunha cousiña por subir a este blog sobre o traballo realizado coa Lúa, aproveitamos esta canción para despedirnos da nosa amiga a Lúa que nos estivo acompañando nestas últimas semanas. Foi moi divertido e bastantes cousas aprendimos: cráteres, lúa nova, lúa chea, astronauta....

miércoles, 28 de marzo de 2012

Xogamos aos bolos











Aproveitando esta primavera solleira saímos ao patio a xogar aos bolos, pero a uns bolos especiais. Están realizados con botellas de refresco e cada unha delas ten un debuxo dun paiaso con diferentes caras, con cara contenta, triste, asustada.... Tiñamos que dedicidr primeiro que bolo queriamos tirar, apuntar e.... bolo ao chan!!!

O noso profe!




Un día que estabamos xogando no encerado quixemos debuxar ao noso profe, e ahí o tedes!!! a que é guapo!!??

Teño cara de....









Enfadad@? Content@? Triste? Dentro dos exercicios que realizamos para a educación emocional estivemos xogando a que o profe nos sacara catro fotos a cada un. A primeira con cara "normal", a segunda cara contenta, a terceira cara enfadada e a última cara triste. despois na pizarra dixital as vimos e nos pareceron todas moi graciosas (aínda que estiveramos na foto tristes!!) Os compis tiñan que adiviñar como estabamos na foto.  Aquí poñemos unha mostra dalgunha das nosas caras. A ver se vos adiviñades como estamos en cada unha delas!!

lunes, 26 de marzo de 2012

A nosa Lúa Catalina








Reutilizando papel de agasallo usado, cortamos trociños e coma un collage o pegamos para facer a nosa lúa brillante e luminosa!! quedaron moi chulas!

Sabores, sabores...








Estivemos facendo flocos de millo na clase!! foi moi divertido escoitar como explotaban dentro do microondas!! Os flocos son salgados e nos gustan moito...pero o chocolate que tomamos...era doce...e gustounos máis!!! Descubrimos así a diferencia entre doce e salgado, que era o que se preguntaban os animais, se a Lúa sería doce ou salgada? Creo que definitivamente nos preferimos o doce...e o salgado tamén!! (nos flocos de millo)

martes, 20 de marzo de 2012

A Lúa Catalina ten medo de noite

Xa está en marcha. Empezamos entre todos a escribir este conto. Catalina, a nosa lúa, que ten medo de noite. como resolveremos este problema? quen lle axudará?.... Cada nen@ coa súa familia escribirán unha páxina do conto. Un conto que vai con material diverso dentro da Maleta do conto. Podemos pintar, facer collage....o que se nos ocurra para decorar cada páxina.  Imaxinación ao poder!!
Sara foi a primeira en levar a maleta para casa e logo tocaralle a Jesi. A Maleta do conto pasará por cada unha das casas dos Nove do Foxo.

lunes, 19 de marzo de 2012

Papis-mamis. Canto axudo na casa?

Como vai a axuda d@os nen@s na casa? Levades posto moitas cariñas? Contade, contade....

A mesa da Lúa


Vamos recopilando material para saber mási sobre a Lúa (quen está vixiando dende as alturas!!!)

A onde chegamos?










Coñecedes seguramente a canción "Quisiera ser tan alt@ como la Luna...." Nós todavía non chegamos a ela, pero a maioría andamos xa a altura da xirafa, a cebra e o león. A máis alta da clase resultou ser Jesi, que é máis alta que Martín. Despois de Martín ven Irene  que sendo menos alta que Martín é máis alta que Cibrán. e así seguimos con Iván, Aroa, Sara, Hugo e Loli.