Os nosos contos

As nosas cousiñas

Algúns dos nosos videos….


miércoles, 14 de marzo de 2012

Visita inesperada




Esta tarde tivemos na clase unha visita inesperada. O aviso chegou con berros dun dos nenos "Un bicho, un bicho". Todos pensabamos que se trataba de polo menos un crocodilo que aparecera na clase, pero non, quen apareceu foi Cati (así a "bautizamos") Un bichiño que nos servíu para facerlle unha análise exhaustiva da súa cor, número de patas, antenas.... pero claro, Cati cansou das nosas atencións (aínda que algún lle tiña medo) e marchou voando pola clase. Despois de buscar, atopámola e como pensamos que xa se cansara de estudar na nosa clase, abrimos a xanela e deixamos que voara libre polo noso Xardín da Poesía. Ao mellor outro día volve visitarnos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario