Os nosos contos

As nosas cousiñas

Algúns dos nosos videos….


miércoles, 25 de abril de 2012

Pintamos con corcho






Aquí estamos pintando as cariñas das nosas ras con corcho. As vermellas é que son venenosas!! coidado con elas!!

De excursión








Algunhas fotos da nosa excursión do día 23 ao Aquiario Finisterrae e a Casa do Home, ambos na cidade da Coruña.

Van crecendo...



Os nosos vermes de seda aos poucos (ou aos moitos segundo se mire) van crecendo. Comer ben que comen!!

Cumple de Martín



Quedáranos un pouquiño atrás meter no blog algunha foto do cumpleanos de Martín! Aquí están! Levounos uns ricos melindres para a merenda, que fixo el mesmo coa axuda da súa nai. Estaban riquísimos!! E ademias agasallounos a cada un cunha harmónica que soa moi ben!! Martín xa ten 5 anos, que maior!!

martes, 24 de abril de 2012

Día do libro




Para conmemorar o día do libro 2012 (que foi o 23 de abril), unha das cousas que fixemos foi recitar este poema de Xoseme (que é o persoeiro estradense que da nome a nosa clase). Gústanos moito este poema xa que nel aparece unha palabra que nos gusta moito: amor...e que as veces nos fai rir un pouquiño...

sábado, 14 de abril de 2012

Traballando






Neste xogo tiñamos primeiro que repasar co lápis e rotulador as palabras ra e cágado, e despois escribilas debaixo, despaciño e fixándonos ben na palabra que repasamos.. Fixémolo moi ben!!

A metamorfose







No chan había unhas fotos dos diferentes momentos polos que vai pasando unha ra ata chegar a ser adulta. Dende o ovo ata ser ra. Tiñamos que porlle o número correspondente a que era o primeiro, o segundo...que ocurría e logo ordear eses números con cadansúa foto para facer unha liña evolutiva e ver por orde a metamorfose (menuda palabra) da ra.

Vermes de seda


Coa chegada da primavera a nosa clase estase convertendo nun pequeno parque da natureza. Ademais dos cágados agora temos tamén vermes de seda. Como vedes todavía son moi moi pequeniños pero irán medrando e veremos que pasa....Aínda que xa mandamos unha nota, queremos recordarvos que se sabedes ou tedes unha moreira que non vos esquezades de mandarnos a clase algunhas folliñas, xa que a moreira do cole está un pouco maliña e non lle podemos sacar moitas follas. Como sabedes estes vermes so comen folliñas de moreira, e teñen que estar frescas. Bueno, iremos poñendo máis fotos para que vexades como medrán!!

martes, 10 de abril de 2012

Novos compañeiros de clase





Pois resulta que hoxe ao chegar das vacacións na nosa clase había novos compañeiros. Parecen peixes pequeniños pero ao final parece que son filliños de ra, que o profe chamounos dunha maneira rara que non acordamos. O que non sabemos é coma pode ser que deses peixiños saian ras...Por iso vamos pedir axuda as familias para ver se somos quen de coñecer como pode ser eso. E ademais queremos saber moitas máis cousas sobre as ras!! Familias...axudádesnos? Precisamos libros, fotos...ou calquer cousa que nos poida axudar, e se alguén sabe moito de ras e quere vir a clase a contarnos todo o que sabe estariamos encantados!! Sería xenial!!

martes, 3 de abril de 2012

Participamos no premio Espiral de Edublogs

Acabamos de inscribir o noso blog na VI Edición del Premio Espiral de Edublogs.  Pinchando no debuxiño da buxaina (a esquerda na páxina principal), podedes ver en que consiste o premio e sobre todo visitar diferentes blogs educativos, todos de moitísima calidade.

lunes, 2 de abril de 2012