Ola a tod@s e benvid@s a este blog no que queremos ensinarvos algunhas das cousas que facemos na nosa clase de 4 anos do CEIP O Foxo de A Estrada. Agardamos que vos guste e que nos deixedes algún comentario para poder ler!! Grazas!!(Aroa, Jessica, Cibrán, Iván, Irene, Hugo, Loli, Sara e Martín)
Os nosos contos
As nosas cousiñas
Etiquetas
- A Lúa Catalina (2)
- A que sabe a Lúa? (9)
- As abellas e o mel (12)
- Cocorico (7)
- Falamos de min (9)
- Proxecto a ra (5)
- Rutinas (2)
- Vermes de seda (7)
Algúns dos nosos videos….
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto a ra. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto a ra. Mostrar todas las entradas
martes, 22 de mayo de 2012
Os nosos cágados xa son ras !
Ahí os tedes. Os nosos cágados xa se convertiron en ras, pequeniñas claro! Como na clase xa non as podiamos ter, xa que esta pequechas comen insectos pequerrechos, o profe soltounas no mesmo estanque onde os collera cando eran cágados. Aquí quedan as fotos destas cousiñas! Parece mentira como cambian dende cágados a ras!
miércoles, 25 de abril de 2012
Pintamos con corcho
Aquí estamos pintando as cariñas das nosas ras con corcho. As vermellas é que son venenosas!! coidado con elas!!
sábado, 14 de abril de 2012
Traballando
Neste xogo tiñamos primeiro que repasar co lápis e rotulador as palabras ra e cágado, e despois escribilas debaixo, despaciño e fixándonos ben na palabra que repasamos.. Fixémolo moi ben!!
A metamorfose
No chan había unhas fotos dos diferentes momentos polos que vai pasando unha ra ata chegar a ser adulta. Dende o ovo ata ser ra. Tiñamos que porlle o número correspondente a que era o primeiro, o segundo...que ocurría e logo ordear eses números con cadansúa foto para facer unha liña evolutiva e ver por orde a metamorfose (menuda palabra) da ra.
martes, 10 de abril de 2012
Novos compañeiros de clase
Pois resulta que hoxe ao chegar das vacacións na nosa clase había novos compañeiros. Parecen peixes pequeniños pero ao final parece que son filliños de ra, que o profe chamounos dunha maneira rara que non acordamos. O que non sabemos é coma pode ser que deses peixiños saian ras...Por iso vamos pedir axuda as familias para ver se somos quen de coñecer como pode ser eso. E ademais queremos saber moitas máis cousas sobre as ras!! Familias...axudádesnos? Precisamos libros, fotos...ou calquer cousa que nos poida axudar, e se alguén sabe moito de ras e quere vir a clase a contarnos todo o que sabe estariamos encantados!! Sería xenial!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)