Os nosos contos

As nosas cousiñas

Etiquetas

Algúns dos nosos videos….


Mostrando entradas con la etiqueta Vermes de seda. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Vermes de seda. Mostrar todas las entradas

viernes, 29 de junio de 2012

Por fin !!






Aquí tedes a penúltima entrada deste blog. Os nosos vermes de seda por fin son bolboretas!! Nas fotos podedes ver diferentes momentos e se prestades atención hai unhas cousiñas pequerrechiñas de cor amarelo, eses son os oviños que en función de se están fecundados ou non, irán quedaran nesa cor (non fecundados) ou mudarán a negros. Pois esta e a fin da transformación dos vermes pequerrechiños que tivemos ata chegar a ser bolboretas. Unha experiencia educativa moi moi interesante.

miércoles, 6 de junio de 2012

Os nosos vermes xa están mudando...








Aquí tedes fotos do proceso no que os nosos vermes xa están preparándose para converterse en bolboretas. agardecemos a familia de Martín que se acordaran de facerlles fotos xa que cando empezaron o proceso foi na fin de semana e os vermes estaban de vacacións na súa casa.

jueves, 10 de mayo de 2012

miércoles, 25 de abril de 2012

Van crecendo...



Os nosos vermes de seda aos poucos (ou aos moitos segundo se mire) van crecendo. Comer ben que comen!!

sábado, 14 de abril de 2012

Vermes de seda


Coa chegada da primavera a nosa clase estase convertendo nun pequeno parque da natureza. Ademais dos cágados agora temos tamén vermes de seda. Como vedes todavía son moi moi pequeniños pero irán medrando e veremos que pasa....Aínda que xa mandamos unha nota, queremos recordarvos que se sabedes ou tedes unha moreira que non vos esquezades de mandarnos a clase algunhas folliñas, xa que a moreira do cole está un pouco maliña e non lle podemos sacar moitas follas. Como sabedes estes vermes so comen folliñas de moreira, e teñen que estar frescas. Bueno, iremos poñendo máis fotos para que vexades como medrán!!