Os nosos contos

As nosas cousiñas

Algúns dos nosos videos….


martes, 10 de abril de 2012

Novos compañeiros de clase





Pois resulta que hoxe ao chegar das vacacións na nosa clase había novos compañeiros. Parecen peixes pequeniños pero ao final parece que son filliños de ra, que o profe chamounos dunha maneira rara que non acordamos. O que non sabemos é coma pode ser que deses peixiños saian ras...Por iso vamos pedir axuda as familias para ver se somos quen de coñecer como pode ser eso. E ademais queremos saber moitas máis cousas sobre as ras!! Familias...axudádesnos? Precisamos libros, fotos...ou calquer cousa que nos poida axudar, e se alguén sabe moito de ras e quere vir a clase a contarnos todo o que sabe estariamos encantados!! Sería xenial!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario