Os nosos contos

As nosas cousiñas

Algúns dos nosos videos….


lunes, 5 de marzo de 2012

Co conto de Cocorico realizamos varias actividades, algunhas delas queremos ensinárvolas.
Pintamos un Cocorico, o seu corpo de cor amarela co pincel e as súas patas negras as pintamos cos dedos. Fixemos unha colección de plumas, que trouxemos da casa (plumas de quico, galiña, periquito...) Xogamos con elas a ver cales eran máis grandes, cales máis pequenas, as súas diferentes cores, agrupámolas por cores, comprobamos que eran moi suaveciñas e que nos facían cóxegas polas orelliñas e nas meixelas, e no nariz!! Vimos como voaban na clase cando as soplabamos. Tamén fixemos o noso mural "As nosas plumas" onde as puxemos de máis grande a máis pequena co seus correspondentes nomes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario