Os nosos contos

As nosas cousiñas

Algúns dos nosos videos….


sábado, 17 de marzo de 2012

Papis e mamis

Como sabedes andamos enleados coa Lúa e como non sabemos demasiado dela, mandamos unha nota para casa pedindo axuda. Hai uns días cando estivemos falando da Lúa, a cal os animais como sabedes querían chegar para saber a que sabía, xurdiron dubidas coma:

Sempre está redonda?
Sae tódolos días?
Sae de noite porque non lle gusta madrugar pola mañá?
Non se leva ben co sol?

Estas foron algunhas das preguntas que nos fixemos e que non tiñamos moi claro como contestar. Buscamos solucións e entre algunhas delas temos:

Pedirlle a Cabaleiro (o conserxe) un libro da Lúa
Pedir na libraría un conto da Lúa
Mirar na biblioteca libros de Lúa
Facer un cadro da Lúa e por a nosa foto
Pintar a Lúa
Facer nós un libro da Lúa
Mandar unha nota para preguntarlle aos papis e mamis que saben da Lúa

Tentaremos ir facendo todo isto (e máis).
Sobre unha das ideas que xurdíu, facer nós un libro, en breve teredes máis información, pero ide pensando que  tedes que axudarnos para completar o libro que queremos ter listo o día 23 de abril, coincidindo co día internacional do libro e que se titula:

A lúa Catalina ten medo de noite

Así que vades ter traballo que facer!!! Teredes novas pronto!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario