Os nosos contos

As nosas cousiñas

Algúns dos nosos videos….


jueves, 10 de mayo de 2012

Falamos de... Jéssica




O martes 8 de maio visitounos a nai de Jessica. Coma sempre estabamos moi contentos de recibir visita. Contounos moitas cousas de Jessica, entre elas que polas mañás é un pouco durmiñona!! Iso fíxenos moita graza!! Tamén sabemos que Jessica vai ter unha irmá que se chamará Irene, bueno isto xa o sabemos dende hai tempo xa que Jesi está moi ilusionada e non fai máis que repetilo. Vimos fotos de Jesi no zoo, na piscina e mesmo apañando cereixas coa súa avoa.acabounos lendo o conto "Blanquita". Moitas grazas a mamá de jesi por pasar este rato na nosa clase, sobre todo con esa barrigocha tan linda que ten!

Falamos de... Sara





O luns 7 de maio comezamos coa actividade "Falamos de min". Nela as familias veñen a clase a falarnos dun compañeiro ou compañeira. Os primeiros foron os familiares de Sara. Como parte da actividade na casa fixeron un libro xigante. Cada páxina era unha cartulina na que aparecían diferentes fotos de distintos momentos da vida de Sara. A mami, e os irmáns de Sara explicáronnos cada foto. Así soubemos que o nome de Sara significa princesa. E despois fixemoslles algunhas preguntas. Descubrimos que a Sara gústalle a cebola...pero gústalle comela coma se fose unha mazá!!!Pasámolo moi ben!! moitas grazas a familia de Sara!!

Crecendo!


´Tivemos algunhas baixas, pero os que temos van medrando moi rápido.

miércoles, 25 de abril de 2012

Pintamos con corcho






Aquí estamos pintando as cariñas das nosas ras con corcho. As vermellas é que son venenosas!! coidado con elas!!

De excursión








Algunhas fotos da nosa excursión do día 23 ao Aquiario Finisterrae e a Casa do Home, ambos na cidade da Coruña.

Van crecendo...



Os nosos vermes de seda aos poucos (ou aos moitos segundo se mire) van crecendo. Comer ben que comen!!

Cumple de Martín



Quedáranos un pouquiño atrás meter no blog algunha foto do cumpleanos de Martín! Aquí están! Levounos uns ricos melindres para a merenda, que fixo el mesmo coa axuda da súa nai. Estaban riquísimos!! E ademias agasallounos a cada un cunha harmónica que soa moi ben!! Martín xa ten 5 anos, que maior!!