Os nosos contos

As nosas cousiñas

Algúns dos nosos videos….


lunes, 11 de junio de 2012

A mesa do mel


Aquí queremos que vexades algunha das cousas que estamos reunindo en relación as abellas e o mel. Libros, folletos, afumador, panal, colmea....

Panal panalciño deixa os meus dedos pegadiños!










Aquí estamos vendo un panal dunha colmea. Agora non ten o mel xa que o apicultor quitouna. Está moi pegaxoso! Cheira moi ben e hai que ter coidado xa que é moi fráxil e mesmo coa calor das nosas mans parece que se desfai.

miércoles, 6 de junio de 2012

Comida saudable I









Os nosos vermes xa están mudando...








Aquí tedes fotos do proceso no que os nosos vermes xa están preparándose para converterse en bolboretas. agardecemos a familia de Martín que se acordaran de facerlles fotos xa que cando empezaron o proceso foi na fin de semana e os vermes estaban de vacacións na súa casa.

Probamos o mel!




Como estamos falando das abellas e o mel, o martes fixemos unhas torradas con mel. Polas fotos podedes ver que, polo momento, non tiveron moito éxito, pero veremos que pasa a medida que saibamos máis deste insectos tan traballadores...Tentaremos outra vez con estas torradas!

Día do libro 2012. Recitamos a Xoseme


As veces volvemos un pouco a vista atrás e subimos algunha cousa que por algunha razón quedou esquecida e sen subir ao blog. Ese é o caso deste video. Aqeuí estamos recitando un poema de Xosema para os compañeiros do cole co gallo do día do libro. A calidade non é moi boa debido a que tiñamos as persianas baixas para poder ver o poema que puxemos na pizarra dixital, pero aínda asi: esperamos que o disfrutedes!!

domingo, 3 de junio de 2012

O refrán do mes

Neste mes de xuño, como en cada un dos meses, temos un refrán da sabeduría popular. Para este mes:

BO TEMPO EN XUÑO
VERÁN SEGURO

Veremos se se cumpre!!